Bienvenido,Benvinguts,Benvidos,Ongi Etorri,Welcome,Mapa,Contacto,Imprimir
 
SOBRE O ICO

flecha abajoPRESENTACIÓN ICO

O Instituto de Crédito Oficial é unha entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio de Economía e Facenda a través da Secretaría de Estado de Economía e ten consideración de Axencia Financeira do Estado.

O ICO traballa polo crecemento e a mellora da distribución da riqueza nacional e fomenta aquelas actividades económicas que, pola súa transcendencia social, cultural, innovadora ou ecolóxica, merezan unha atención preferente. Porque o ICO apoia os proxectos de investimento das empresas españolas, para que sexan máis competitivas e contribúan ao progreso económico do noso país.

O financiamento do ICO diríxese a impulsar sectores como a industria cinematográfica, o transporte, favorecer os proxectos de innovación tecnolóxica, as enerxías renovables e potenciar a presenza das nosas empresas no exterior.

Tamén colabora cos programas de política económica, en situacións de crise ou catástrofes naturais, en apoio á exportación ou para facilitar créditos a persoas fóra das canles habituais de financiamento mediante a liña de Microcréditos.

O noso obxectivo é favorecer o crecemento económico compatible cunha maior cohesión social e territorial.